ESCRITORAS NO COLEXIO

VISITARÁNNOS DÚAS ESCRITORAS: ÉRICA ESMORÍS E CONCHA BLANCO. Ao longo do segundo trimestre o alumnado lerá libros das citadas autoras. Ao final do trimestre, pasarán dúas xornadas co alumnado para falar das obras lidas pol@s nen@s. O alumnado está a elaborar distintos acrósticos cos nomes das autoras e cos títulos dos libros lidos, neles resumirán as súas vidas e obras. Os libros que están a ler son: “A pantufla de Celia”, “Boris”, “Catuxa quere saber”, “Luces, bicos e cores”, “Os poderes máxicos de Aitema”, “Boris e compañía”, “A camoineta da media risa”, “A nena e o mar". Conxuntamente co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizouse unha exposición de libros das citadas escritoras, podendo utilizalos o alumnado tanto na “hora de ler” coma levalos en “préstamo”. Hai que destacar a colaboración da Biblioteca do Concello de Neda, pois prestounos bastantes exemplares da obra de Concha Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario