CELEBRANDO O III  MARATÓN  DE  LECTURA Licencia Creative Commons

DÍA DO LIBRO

O próximo día 22 de abril, conmemoraremos o "DÍA DO LIBRO", celebrando o "III  MARATÓN DE LECTURA".
Este ano, adicarémolo ao poeta Manuel María. Ao longo da mañá,  leremos poemas do citado autor. Participarán: todo o alumnado e profesorado. Invitamos a participar aos pais e nais que o desexen. Enviarase información para inscribirse.

MANUEL MARÍA, HOMENAXEADO NO 2016

CLICA NA IMAXE E PODERÁS FACER MOITAS ACTIVIDADES

CONCHA BLANCO, NO COLE


A escritora, CONCHA BLANCO, pasou a xornada do 5 de abril cos nosos nenos e nenas falando sobre 
as súas obras, contestando a preguntas do alumnado e asinando libros con dedicatorias divertidas. 
O alumnado agasallouna coa  creación de acrósticos sobre a súa vida e obras, elaborados co seu nome, 
apelido e tamén con algún dos títulos dos libros lidos. Ademais, creamos un PASAPALABRA sobre o
seu libro: "Os poderes máxicos de Aitema"; invitámosvos a solucionalo (despois de lelo) neste blog.