O PEÓN

O día 16 de novembro visitounos Adolfo, un torneiro da "Asociación Virutas" que nos mostrou como se fai un peón de modo artesanal.
Moitas grazas!







O SAMAIN


O venres día 3 de novembro celebramos "O Samaín".
Comimos castañas e boliños e fixemos unha exposición de cabazas moi divertida.







SAMAÍN E MAGOSTO

O pasado venres 4 de novembro celebramos o Samaín e o Magosto, pintamos as cariñas e fixemos unha exposición de cabazas. Tamén degustamos uns chourizos e unhas castañas. Estaba todo boísimo e pasámolo moi ben! 







LIBROS VIAXEIROS

Un dos proxectos deste ano foi a elaboración de libros viaxeiros, aquí temos un exemplo do que fixeron os nenos e nenas de 4º.





PREMIOS RELATO CURTO

Dende o equipo de Normalización da Lingua Galaga, aproveitamos o festival das letras galegas para darlles un agasallo ás mellores creacións de relato curto. En cada curso houbo un primeiro premio e dous accésits. Noraboa aos afortunados e afortunadas e a seguir escribindo!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado día 19 de maio celebramos na escola o día das letras galegas que como xa adiantábamos este ano estivo adicado a Carlos Casares. Cada clase mostrou o seu talento nunha actuación.
A continuación deixámosvos unhas fotos do día. 



DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Como ben sabedes, este ano adícase o día das letras galegas a Carlos Casares. Deixámosvos a continuación un enlace no que podedes atopar información así como diferentes actividades relacionadas:  http://seminariogalan.org/

O DÍA DO LIBRO

O pasado 21 de abril celebramos na escola o DÍA DO LIBRO, fixemos un maratón de lectura na biblioteca.


 

O ENTROIDO

O pasado 24 de febreiro celebramos no colexio o entroido. Primeiro todos os cursos fixemos unhas fotos coa fermosa decoración que fixeron as profes, este ano a temática foron os contos. Despois degustamos postres típicos de entroido e máis tarde queimamos "O Meco".
Foi moi divertido!
A continuación amosamos unhas fotos:

Visita de Pere Tobaruela.



Hoxe estivo cos nenos de 5º e 6º Pere Tobaruela, autor do libro "CINCO HORAS CON MAURO". 
Moitas grazas pola visita!


O DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos na escola o día da paz: proxectamos un fermoso vídeo -feito previamente- no que todos os nosos nenos regalan apertas, cantamos o "Himno da Alegría", e por último fixemos unha recopilación de cartos para doar a "ACNUR".
A continuación algunhas fotiños de recordo.