CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

Ola a todos e todas!
O mércores 30 de xaneiro celebramos no cole o día da PAZ!







Realizamos diferentes abecedarios con palabras relacionadas coa PAZ e CONVIVENCIA, quedaron moi bonitos!

Ademais, realizamos unha "colecta" destinada a unha ONG, ALMAT, destinada á loita contra os malos tratos e a concienciar sobre a non violencia. Veu a psicóloga da asociación en representación da mesma para recoller a doazón e falarlle aos nenos/as sobre o traballo que levan a cabo.





E por último para rematar a xornada, cantamos todos xuntos unha versión da canción "Madre Terra" adaptada.







Nadal 2018


EXPOSICIÓN POSTAIS DE NADAL


Ola a todos/as! aquí vos ensinamos as postais que fixemos polo Nadal. A verdade é que quedaron todas moi bonitas! 
Os alumnos/as de E.I, 1º e 2º de E.P fixeron a ilustración mentres que o resto de cursos 3º, 4º, 5º e 6º de E.P elaboraron un texto onde nos desexaron felices festas. 



Fixemos un concurso, onde de entre todas as postais feitas escollimos unha ilustración e un texto, foi moi difícil decantarse por unha... xa que todas eran xeniais! Os gañadores recibiron un libro como agasallo. 




Esperamos que vos guste!

Samaín e Magosto

Ola a todos/as!
O pasado venres 9 de novembro celebranos o Magosto e Samaín, pasámolo xenial!
Ademais da exposición de cabazas, a decoración terrorífica do centro e  unha merenda moi rica fixemos unha exposición de froitos do outono. Tamén dende as aulas os alumnos/as crearon os seus escritos en galego sobre o outono, fixeron refráns, adiviñas, poesías...
Esperamos que vos guste!










Experiencia Inesquecible

Velaquí tedes o libro viaxeiro creado polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria, en colaboración coas súas familias. Esperamos que vos guste!

O xornal

Aquí tedes o Forneiro deste ano. Xa imos polo número 68! Agardamos que vos guste. Boas e felices vacacións!

https://www.calameo.com/read/0031127656314dbf169e7


VISITA "LA VOZ DE GALICIA"

Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións de "La Voz de Galicia" na sede de A Coruña. Alí viron de primeira man cómo se monta un xornal, as máquinas que fan falla, a xente que o forma...