LETRAS GALEGAS



Celebramos o “VII Concurso de RELATO CURTO” en Galego, no que participaron todos os cursos de primaria, elaborando unha narración na aula. O xurado seleccionou os tres mellores relatos de cada aula, un gañador/a e dous finalistas.  Agasallouse aos alumnos/as gañadores/as cun libro en Galego, no festival das “LETRAS GALEGAS”.
A nivel de aula, realizaron actividades centradas no significado do día 17 de maio e sobre o autor homenaxeado.




Empregamos o robot DOC para traballar a vida e obra do autor homenaxeado. Elaboraremos diferentes taboleiros con información sobre a vida e obra de Antón Fraguas. Os nenos/as tiveron que programar a DOC para levalo cara a resposta correcta tendo en conta a pregunta que lles ía tocando. Pasámolo xenial!