CAMPIONATO DE BUXAINA

Os derradeiros meses celebrouse no colexio un campionato de buxaina en dúas modalidades. Os gañadores recibiron os agasallos no festival de Nadal. Noraboa!



NADAL

O pasado 21 de decembro celebramos no colexio o Festival de Nadal. 
A primeira hora da mañá visitáronnos os Reis Magos, despois os nosos nenos e nenas amosáronnos o seu talento nas diferentes actuacións. 


FESTIVAL LETRAS GALEGAS


GRAZAS A TOD@S POLO SEU ESFORZO E POLA SÚA PARTICIPACIÓN.

CONCURSO DE RELATO CURTO


GAÑADORES E FINALISTAS DO CONCURSO DE RELATO CURTO, ORGANIZADO POLO EDNL. PARABÉNS A TOD@S!

CELEBRANDO O III  MARATÓN  DE  LECTURA Licencia Creative Commons

DÍA DO LIBRO

O próximo día 22 de abril, conmemoraremos o "DÍA DO LIBRO", celebrando o "III  MARATÓN DE LECTURA".
Este ano, adicarémolo ao poeta Manuel María. Ao longo da mañá,  leremos poemas do citado autor. Participarán: todo o alumnado e profesorado. Invitamos a participar aos pais e nais que o desexen. Enviarase información para inscribirse.

MANUEL MARÍA, HOMENAXEADO NO 2016

CLICA NA IMAXE E PODERÁS FACER MOITAS ACTIVIDADES

CONCHA BLANCO, NO COLE


A escritora, CONCHA BLANCO, pasou a xornada do 5 de abril cos nosos nenos e nenas falando sobre 
as súas obras, contestando a preguntas do alumnado e asinando libros con dedicatorias divertidas. 
O alumnado agasallouna coa  creación de acrósticos sobre a súa vida e obras, elaborados co seu nome, 
apelido e tamén con algún dos títulos dos libros lidos. Ademais, creamos un PASAPALABRA sobre o
seu libro: "Os poderes máxicos de Aitema"; invitámosvos a solucionalo (despois de lelo) neste blog. 

CONCHA BLANCO


               O PRÓXIMO 5 DE ABRIL ESTARÁ CON NÓS CONCHA BLANCO.

ÉRICA ESMORÍS, DE VISITA NO COLE.


ÉRICA ESMORÍS estivo o 1 de marzo de visita no cole. Pasou a xornada cos nosos nenos e nenas falando sobre a súa obra: "Nena e o mar". Contestando a preguntas do alumnado e asinando libros con dedicatorias divertidas. O alumnado agasallouna coa  creación de acrósticos sobre a súa vida e obra, elaborados co seu nome e apelidos e tamén co título do libro lido.
Licencia Creative Commons

ESCRITORAS NO COLEXIO

VISITARÁNNOS : ÉRICA ESMORÍS E CONCHA BLANCO. 
Próximamente teremos no colexio a visita das escritoras Concha Blanco e Érica Esmorís para falarnos das súas obras. Por este motivo, os nenos e nenas están a ler obras das citadas autoras: “A pantufla de Celia”, “Boris”, “Catuxa quere saber”, “Luces, bicos e cores”, “Os poderes máxicos de Aitema”, “Boris e compañía”, “A camoineta da media risa”, "A vaca titiriteira" e “A nena e o mar” . 
Ao longo do segundo trimestre o alumnado lerá os libros citados. Ao final do trimestre, elas pasarán dúas xornadas co alumnado para falar das obras lidas pol@s nen@s. O alumnado está a elaborar acrósticos cos seus nomes e cos títulos dos libros lidos, neles resumirán as súas vidas e obras.
Conxuntamente co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizarase unha exposición de libros de Concha Blanco, podendo utilizalos o alumnado tanto na “hora de ler” coma levalos en “préstamo”. Hai que destacar a colaboración da Biblioteca do Concello de Neda, pois prestounos bastantes exemplares da obra da citada autora.

O ENTROIDO, CONTO.

ESCRITORAS NO COLEXIO

VISITARÁNNOS DÚAS ESCRITORAS: ÉRICA ESMORÍS E CONCHA BLANCO. Ao longo do segundo trimestre o alumnado lerá libros das citadas autoras. Ao final do trimestre, pasarán dúas xornadas co alumnado para falar das obras lidas pol@s nen@s. O alumnado está a elaborar distintos acrósticos cos nomes das autoras e cos títulos dos libros lidos, neles resumirán as súas vidas e obras. Os libros que están a ler son: “A pantufla de Celia”, “Boris”, “Catuxa quere saber”, “Luces, bicos e cores”, “Os poderes máxicos de Aitema”, “Boris e compañía”, “A camoineta da media risa”, “A nena e o mar". Conxuntamente co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizouse unha exposición de libros das citadas escritoras, podendo utilizalos o alumnado tanto na “hora de ler” coma levalos en “préstamo”. Hai que destacar a colaboración da Biblioteca do Concello de Neda, pois prestounos bastantes exemplares da obra de Concha Blanco.