ESCRITORAS NO COLEXIO

VISITARÁNNOS : ÉRICA ESMORÍS E CONCHA BLANCO. 
Próximamente teremos no colexio a visita das escritoras Concha Blanco e Érica Esmorís para falarnos das súas obras. Por este motivo, os nenos e nenas están a ler obras das citadas autoras: “A pantufla de Celia”, “Boris”, “Catuxa quere saber”, “Luces, bicos e cores”, “Os poderes máxicos de Aitema”, “Boris e compañía”, “A camoineta da media risa”, "A vaca titiriteira" e “A nena e o mar” . 
Ao longo do segundo trimestre o alumnado lerá os libros citados. Ao final do trimestre, elas pasarán dúas xornadas co alumnado para falar das obras lidas pol@s nen@s. O alumnado está a elaborar acrósticos cos seus nomes e cos títulos dos libros lidos, neles resumirán as súas vidas e obras.
Conxuntamente co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizarase unha exposición de libros de Concha Blanco, podendo utilizalos o alumnado tanto na “hora de ler” coma levalos en “préstamo”. Hai que destacar a colaboración da Biblioteca do Concello de Neda, pois prestounos bastantes exemplares da obra da citada autora.