Samaín e Magosto

Ola a todos/as!
O pasado venres 9 de novembro celebranos o Magosto e Samaín, pasámolo xenial!
Ademais da exposición de cabazas, a decoración terrorífica do centro e  unha merenda moi rica fixemos unha exposición de froitos do outono. Tamén dende as aulas os alumnos/as crearon os seus escritos en galego sobre o outono, fixeron refráns, adiviñas, poesías...
Esperamos que vos guste!










Experiencia Inesquecible

Velaquí tedes o libro viaxeiro creado polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria, en colaboración coas súas familias. Esperamos que vos guste!

O xornal

Aquí tedes o Forneiro deste ano. Xa imos polo número 68! Agardamos que vos guste. Boas e felices vacacións!

https://www.calameo.com/read/0031127656314dbf169e7


VISITA "LA VOZ DE GALICIA"

Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións de "La Voz de Galicia" na sede de A Coruña. Alí viron de primeira man cómo se monta un xornal, as máquinas que fan falla, a xente que o forma...




AS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio celebramos o festival das "Letras Galegas", este curso adicado a María Victoria Moreno.

Tedes aquí fotos das diferentes actuacións





PREMIO RELATO CURTO

O día do festival das Letras Galegas repartíronse os diplomas e os premios do concurso de "relato curto" organizado por normalización lingüística.
Aquí tedes os premiados.



A PANADERÍA

 A visita á panadería J. Castro de Neda foi xenial. Alí atendeunos Diego e explicounos cousas moi interesantes como: os tipos de fariña, a levadura para qué serve, os tipos de fornos...
Grazas por todo Diego.








A GRANXA BELELLE

O venres 23 de marzo visitamos a Granxa Belelle. Alí vimos moitos animais como: un dromedario, pavos, cerdos vietnamitas, monos...
Tamén fixemos pan.






VISITA MARÍA CANOSA






O día 22 de marzo visitounos María Canosa para falarnos dos seus libros e asinalos. Grazas por todo.

Visita ó Concello

O luns 12 de marzo visitamos o Concello de Neda e a Policía Local. Alí aprendimos cantidade de cousas sobre o Concello. Grazas.
















VISITA XOÁN GARCÍA

Unha actividade dentro do plan de innovación que estamos a levar a cabo era a visita dun escritor nedense. Acercouse estos días a visitarnos Xoán García. Un escritor moi coñecido e querido por toda a vila donde nos falou de cousas moi interesantes coma: os seus libros, a súa vida...
Tamén nos regalou unhos poemas para ter no colexio. Moitas grazas por todo Xoán.


O ENTROIDO

Este curso o tema do entroido foi "Personaxes de cómic". Aquí podedes ver unhq mostra dos diferentes disfraces.


Mural "O xornal"

Velaquí o mural feito polo alumnado de 1º de Ed. Primaria.