LETRAS GALEGAS



Celebramos o “VII Concurso de RELATO CURTO” en Galego, no que participaron todos os cursos de primaria, elaborando unha narración na aula. O xurado seleccionou os tres mellores relatos de cada aula, un gañador/a e dous finalistas.  Agasallouse aos alumnos/as gañadores/as cun libro en Galego, no festival das “LETRAS GALEGAS”.
A nivel de aula, realizaron actividades centradas no significado do día 17 de maio e sobre o autor homenaxeado.




Empregamos o robot DOC para traballar a vida e obra do autor homenaxeado. Elaboraremos diferentes taboleiros con información sobre a vida e obra de Antón Fraguas. Os nenos/as tiveron que programar a DOC para levalo cara a resposta correcta tendo en conta a pregunta que lles ía tocando. Pasámolo xenial!


LETRAS GALEGAS 2019


http://www.seminariogalan.org/


No mes de maio temos a celebración do "Día das Letras Galegas", este ano adicado a Antón Fraguas. Deixámovos aquí un enlace onde podedes atopar actividades para traballar a vida e obra do homenaxeado. 

CONMEMORACIÓN DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 25 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía, aquí podedes ver o vídeo que fixemos!




Levamos a cabo a proposta de AELG, cada curso traballou un poema e puidemos reflexionar sobre a vixencia das inxustizas sociais , incluída a situación galega, presentas na obra de Rosalía de Castro.

Esperamos que vos guste!

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

Ola a todos e todas!
O mércores 30 de xaneiro celebramos no cole o día da PAZ!







Realizamos diferentes abecedarios con palabras relacionadas coa PAZ e CONVIVENCIA, quedaron moi bonitos!

Ademais, realizamos unha "colecta" destinada a unha ONG, ALMAT, destinada á loita contra os malos tratos e a concienciar sobre a non violencia. Veu a psicóloga da asociación en representación da mesma para recoller a doazón e falarlle aos nenos/as sobre o traballo que levan a cabo.





E por último para rematar a xornada, cantamos todos xuntos unha versión da canción "Madre Terra" adaptada.







Nadal 2018


EXPOSICIÓN POSTAIS DE NADAL


Ola a todos/as! aquí vos ensinamos as postais que fixemos polo Nadal. A verdade é que quedaron todas moi bonitas! 
Os alumnos/as de E.I, 1º e 2º de E.P fixeron a ilustración mentres que o resto de cursos 3º, 4º, 5º e 6º de E.P elaboraron un texto onde nos desexaron felices festas. 



Fixemos un concurso, onde de entre todas as postais feitas escollimos unha ilustración e un texto, foi moi difícil decantarse por unha... xa que todas eran xeniais! Os gañadores recibiron un libro como agasallo. 




Esperamos que vos guste!